miércoles, 29 de diciembre de 2010

ULTIMAS NOTICIAS OPE/TRASLADOS SERGAS




S.O.S. POLA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA



As organizacións e colectivos sociais, profesionais, sindicais e políticos que formamos a Plataforma SOS Sanidade Pública declarámonos en rebeldía fronte as políticas da Xunta de Galicia e da Consellería de Sanidade de deteriorar e privatizar a sanidade pública galega.

Cremos que a estratexia sanitaria de Núñez Feijoo fixo saltar todas as alarmas ao levar ao sistema de saúde a un punto de inflexión no proceso de privatización, que de continuar pode conducir ao sistema público a unha situación sen retorno.


Núñez Feijoo e a política sanitaria deste Goberno son a maior ameaza ao sistema sanitario público desde a súa creación. A decisión de combinar unha redución do orzamento sanitario en case 200 millóns este ano, co recurso ao sector privado para construír, restaurar, equipar e xestionar os centros sanitarios (multiplicará por seis o custo final dos mesmos), leva ao sistema a unha situación de limitación dos recursos necesarios para o mantemento da actividade dos servizos, e a un grao de endebedamento incompatible co mantemento sostible do sistema público, cando menos nas condicións actuais de universalidade e gratuidade no momento do uso, e que garanten a accesibilidade á atención de saúde en condicións de equidade a toda a poboación. Esta reforma fíxose de costas aos cidadáns e aos traballadores sanitarios, vulnerando a Lei Xeral de Sanidade e a Lei de Saúde de Galicia.....