martes, 29 de junio de 2010

INFORMACIÓN SOBRE LAS NUEVAS NÓMINAS DEL SERGAS

La Subdirección Xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional nos informa de lo siguiente:

A disposición adicional 9ª da Lei 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a lei de orzamentos da CC. AA. para o ano 2010 reflicte que cando a regularización das nóminas derivadas desa lei non se poidan efectuar por razóns técnicas na nómina do mes de xuño, a administración poderá efectuar as regularizacións posteriores que sexan precisas. Precisamente, por causa desa complexidade técnica, o Sergas dispuxo a aplicación das modificacións no sistema de nómina en varias fases. En concreto, no que respecta ás bases de cotizacións, hanse regularizar as cotizacións do mes de xuño coa nómina complementaria dese mes que se executará no mes de xullo entrando no prazo de entrega dos seguros sociais e, por suposto, mantendo as bases de cotización do mes de maio nos supostos descritos no Real Decreto-lei.

0 Preguntas: